sábado, 31 de enero de 2009

Pontedeume demanda un botellón cívico

Todas as persoas que seguen este blogue, saben que dende o seu nacemento alá polo mes de maio do 2007, un dos temas que máis entradas protagonizou foi o botellón.
Cando falamos do botellón e denunciamos o mesmo, referímonos sempre aos prexuízos que o mesmo deixa tras a súa celebración, non contra a reunión en si.
Esta semana o concello de Pontedeume foi protagonista en prensa por unha nova fase da iniciativa que tomou no seu día baixo o lema de "Botellón cívico",


unha campaña que persoalmente penso que está destinada ao fracaso, aínda que ben é certo que toda inciativa que se tome en aras de solucionar este problema, contará co apoio deste blogue.