domingo 4 de enero de 2009

"Galiza Non Se Vende" estará en Pontedeume

A plataforma "Galiza Non Se Vende" escolle a Pontedeume para a celebración dun dos oito concertos establecidos dentro da Caravana de Concertos en defensa da posta en marcha de políticas que teñan en conta a sostenibilidade ambiental e a xustiza social.
Estes actos teñen como obxectivo protestar polo continuismo nas políticas do Goberno galego, que en vez de marcar distancias coas políticas anteriores, caen no capitalismo máis depredador, xa que o modelo económico actual non serve porque está a caer no mesmo erro en aspectos como a destrución do patrimonio.
Galiza Non Se Vende con estes concertos esixe un cambio de rumo inmediato que poña a sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social no centro das políticas, que sitúe ás persoas e ao ambiente por riba do lucro, que dialogue e avance na democracia participativa e reflexiva… Que supere o actual sistema destrutivo e a súa acumulación de crises, construíndo unha Terra viva e unha vida digna para tod@s.
Deixovos o cartaz do primeiro concerto celebrado onte en Vigo.


Manterémosvos puntualmente informados da data escollida para a súa celebración e o cartaz de Pontedeume cando sexa público.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

esta información de onde sae?, deberías ou ben confirmala ou ben correxila. Paréceme pouco serio soltar todo tipo de información non contrastada. GNSV non estará en Pontedeume, de feito xa o está a través do colectivo Fusquenlla

Anónimo dijo...

Galicia non se vende!, pero todo o demáis poder mercarlo ou vendelo en www.sinxelo.com. Anuncios de balde en galego, engade fotos e video!