miércoles 7 de enero de 2009

¿Exceso de alcohol ou esquecérono?

A pregunta que encabeza a entrada de hoxe está máis que xustificada despois de ver as seguintes fotografías.



Corresponden á mañá do domingo na que se observan os restos do habitual botellón dos sábados e na que tamén se ve como hai un vehículo, vehículo que esta mañá e tras un par de días segue estacionado no mesmo lugar de xeito que ocupa varios lugares ocasionando molestias e trastornos a aquelas persoas que habitualmente estacionan alí os seus vehículos durante a semana, xa que o domingo polos restos do botellón é practicamente imposible.



Tras todo o anterior pregúntome ¿sería tal o exceso de alcohol que non recorda onde deixou o vehículo ou quererá cambiar e déixao alí para que lle pase como a este?.