Xa rematou o 2008 e en S.O.S. Pontedeume ¡ denuncia! queremos facer un pequeno balance ou recordo do que aquí tratamos.
Un dos temas que máis tratamos sabeis que é o tema do botellón, un tema que parece que Pontedeume, os eumeses e os que nos gobernan xa parecen estar acostumados a este porque nin se fala dos molestias e dos problemas que causa, problemas que acabamos pagando todos e que xa padecemos no primeiro día do ano
Houbo máis problemas que tamén tratamos e tamén houbo propostas que aínda non tiveron resposta, aínda que polo que dende aquí sabemos hai unha que está en vías de solucionarse ou polo menos en vías de manifestarse publicamente como un problema a resolver.
Tamén houbo momentos para que co voso apoio sexamos o Blog con máis votos do 2008 en Lirondo.com, grazas aos motivos seguintes:
* o blog destaca por o seu histórico de premios mensuais;Houbo máis problemas que tamén tratamos e tamén houbo propostas que aínda non tiveron resposta, aínda que polo que dende aquí sabemos hai unha que está en vías de solucionarse ou polo menos en vías de manifestarse publicamente como un problema a resolver.
Tamén houbo momentos para que co voso apoio sexamos o Blog con máis votos do 2008 en Lirondo.com, grazas aos motivos seguintes:
* polo nº de votos recibidos sendo o máximo da súa categoría;
* a xerarquía dos seus menús que axudan ao visitante á navegación;
* actualización constante dos artigos publicados;
* polo seu caracter de compromiso e crítica social das súas informacións.
* polas imaxes de denuncia que acompañan á información.
mención que sen o voso apoio non sería posible.
Non quería deixar pasar a ocasión de referirme a un titular que malia o que vivimos ou viviremos, expresa o sentimento de moita xente e o meu propio, posto que penso que dende "Pontedeume ao ceo", porque problemas como o que suscitou titular xa atoparon solución tal e como se pode ver nas seguintes fotografías posto que desapareceu o cartel do Camiño Inglés que sinalaba ao ceo

e puxeron un monolito de pedra que fai que o camiño Inglés que atravesa Pontedeume se atope millor sinalizado,
aínda que tamén hai que dicir que non nos podemos durmir nos loureiros porque hai moito traballo por diante, pois abonda con ver a fotografía anterior para darse conta que o problema da Praza de España segue estando aí.
De tódolos xeitos dende este blog, o voso blog, non quero desaproveitar a ocasión de agradecervos a vosa fidelidade e desexarvos un
Non quería deixar pasar a ocasión de referirme a un titular que malia o que vivimos ou viviremos, expresa o sentimento de moita xente e o meu propio, posto que penso que dende "Pontedeume ao ceo", porque problemas como o que suscitou titular xa atoparon solución tal e como se pode ver nas seguintes fotografías posto que desapareceu o cartel do Camiño Inglés que sinalaba ao ceo

e puxeron un monolito de pedra que fai que o camiño Inglés que atravesa Pontedeume se atope millor sinalizado,
aínda que tamén hai que dicir que non nos podemos durmir nos loureiros porque hai moito traballo por diante, pois abonda con ver a fotografía anterior para darse conta que o problema da Praza de España segue estando aí.De tódolos xeitos dende este blog, o voso blog, non quero desaproveitar a ocasión de agradecervos a vosa fidelidade e desexarvos un
Feliz e proveitoso 2009

































0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada