lunes 1 de diciembre de 2008

Hoxe é o día mundial contra a SIDA

Hoxe, é o día mundial contra a SIDA, unha enfermidade da que cando se comezou a falar dela, pensábase que só afectaba aos chamados grupos de risco, cousa que por desgraza e co paso do tempo demostrou que non é así, xa que pode afectar a todos, producíndose a maioría dos contagios por mor das relacións heterosexuais.
A data do día 1 de decembro como día Mundial da loita contra a sida, non é por capricho, débese a que foi precisamente un día como hoxe de 1981 cando diagnosticouse por primeira vez o VIH (virus de inmunodeficiencia humana) do que por entón non se sabía demasiado, hoxe sábese mais, mesmo fálase de vacinas que esperemos non tarden en chegar, pero en calquera caso sabemos as vías de contaxio e por tanto a maneira de previlas.
Desde 1981 o VIH matou a máis de 25 millóns de persoas en todo o mundo e que 40 millóns padecen a enfermidade, sobre todo en África, onde por desgraza os retrovirales non chegan á poboación polo seu elevado prezo e non parece ser algo que nos próximos anos vaia cambiar, por mor de que as compañías farmacéuticas teñen as patentes e non se poden fabricar xenéricos que salvarían moitas vidas.
Insisto en que evitar o contaxio da SIDA está nas nosas mans, e pasa loxicamente pola prevención, pero se chegase o caso en que houbese sospeitas, débese acudir inmediatamente aos especialistas, pois segundo a SEIMC (Sociedade Española de Enfermidades Infecciosas e Microbiología Clínica) con motivo da celebración hoxe do Día Mundial contra a Sida, no 38,2% dos pacientes o VIH é detectado demasiado tarde, cando xa o seu sistema inmunológico está moi debilitado, acrecentándose até o 43,3% no caso dos heterosexuais, e chegando ao 61,33 % nos maiores de 55 anos.
Recordar que non serve de nada utilizála táctica da avestruz, e dicir pechálos os ollos e mirar pra outro lado, hai que sabelo e loitar contra ela, pois cada día aparecen novos fármacos, novos estudos, e cada vez son mais os centros que investigan esta autentica pandemia do século XX.
Hai moitas imaxes que circulan na internet en protesta por este día, pero quero destacar esta que é a que mais me chama a atención.