martes 16 de diciembre de 2008

Seguen os atentados contra o Torreón

O Torreón dos Andrade é o único que queda do antigo Palacio datado de mediados do século XIV, e que ocupaba o que é hoxe a praza do Pilón, a fonte e o mercado.
O Torreón agora mesmo atópase nun magnífico estado de conservación por mor dos coidados que lle adicaron os nosos antergos, pero pregúntome ¿qué facemos na actualidade por e para a súa conservación?.
Datas atrás xa denunciamos o vandalismo en forma de ataques graffiteiros que sofrira, pero non contentos con isto e ante a deixadez e olvido do mesmo, os ataques contra o noso patrimonio e legado continúan a tenor destas imaxes.





Unha mágoa, pero este é o legado con que agasallaremos as xeracións vindeiras se non buscamos solucións a esta problemática.