Parto da base de que todos lembramos de onde procedemos e cara onde imos, por ese motivo maniféstome en que "as tradicións son parte da nosa identidade".
Hai uns días lía no blogue amigo "Arceibe", un artigo que recollía unha información que descoñecía por completo. Esta información baseábase en que en algunhas das comarcas do leste de Galicia, concretamenta no Courel, Láncara e no Cebreiro, ata hai pouco tempo mantíñase a tradición de que na noiteboa baixaba das devesas onde moraba, o "Apalpador", unha figura que aparecía nesa data tan celebrada coa intención de apalpar as barrigas de tódolos nenos e comprobar así que estaban ben mantidos, desexandolles que continuasen así pro vindeiro ano, eso si, sin esquecer deixarlles como presente unha presa de castañas quentes como agasallo da súa visita.

O anterior lémbrame outra figura como é a do "Olentzero" no país vasco, unha figura que o igual que o Apalpador baixaba das montañas na mesma data pra traer agasallos aos nenos.
A diferencia do "Apalpador", o "Olentzero" é unha persoaxe que nalgúns pobos dín que é carboeiro, leñador e noutros dín que posúe "tantos ollos coma días do ano" chegando ao extremo de que na localidade navarra de Larráun chámanlle o home dos 365 ollos.

Esta figura a diferenza da nosa, está moito mais arraigada e introducida entre os nenos do país vasco, chegando a tal punto que nas escolas e entre os propios nenos prefieren a figura do "Olentzero" á de "Papá Noel", unha figura que consideran unha invasión fronte ós seus costumes e tradicións. Outra proba que demostra o anterior é a de que hai páxinas en internet adicadas a esta figura, que inclusive serven pro envío das cartas nas que os cativos fan as súas peticións dos agasallos pra tan sinalada data.
Outra característica que demostra a clara superioridade do "Olentzero" ou a do "Apalpador" fronte ao seu equivalente noutras culturas é que arrinca a súa crenza desde a historia de alguén que podía perfectamente existir.
Aquí en Pontedeume polo pouco que sei estas tradicións ou outras similares non hai, pero a que si coñezo é a de que no serán da Noiteboa sae todo o pobo a cantar as polas rúas as panxoliñas xuntándose unha morea de xente ata que chega a hora de ir cada quen pra súa casa a comer as viandas que teñen preparadas.
Deixovos cunhas imaxes da rúa real que amosan o que dixen anteriormente, e que espero esperten en vos a ilusión e gañas en acompañarnos este ano no serán da noiteboa, polo que ¡estades todos convidados!.

1 comentarios:
O Apalpador apareceuse en Rádio FilispiM, 93.9 FM, entrevistado no programa Divertimento para pequenos monstros. Podedes ouvir ao Apalpador neste enlace: http://pequenosmonstros.blogspot.com/2008/12/o-apalpador-apareceu-en-rdio-filispim.html
ou ben en: www.opaii.blogspot.com
Publicar un comentario en la entrada