sábado 20 de diciembre de 2008

As nosas rúas agochan moitos segredos

Coa chegada do nadal na próxima semana, as rúas de Pontedeume amosan as súas mellores galas e mostran o seu encanto a tódolas persoas que as decidan percorrer.
Este ano por primeira vez, a Asociación de Comerciantes de Pontedeume (UCOA), decidiu non facer o concurso de decoración de escaparates que viña a celebrar tódolos anos por estas datas, cambiandoio por o de que os comerciantes engalanen as súas rúas, unha situación da que directamente beneficiámonos todos, xa que si normalmente e como se dí por estes lares "as nosas rúas esconden un segredo", nestas datas agochan mais dun, segredos que invítovos a descubrir e compartir en persoa, ainda que mentres chegades amósovos unhas fotografías para que vexades que vir a Pontedeume paga a pena





Desde UCOA tamén pensaron en que ningún lugar quedase sen visitar, polo que recurriron a sinais coma estas


Desde S.O.S. Pontedeume ¡denuncia! darlle a noraboa a UCOA e desexárvos un Bo Nadal e un Feliz Ani Novo.