viernes 31 de octubre de 2008

Por sorte soamente lamentar danos materiais

Hai tempo facíamos esta proposta ao concello de Pontedeume, unha proposta que desde este blogue e moita xente en Pontedeume considera necesaria e moi axeitada.
Por mor dos vehículos que moitas veces estacionan ocultando o sinal de STOP do cruce, hai condutores que veñen da avenida de Ferrol e non se decatan do mesmo irrumpindo na estrada sin ceder o paso aos que veñen pola vía preferente.
Houbo moitos accidentes, o último hoxe mesmo, por sorte soamente lamentar danos materiais nos vehículos implicados no accidente, un lugar que a tenor das fotografías seguintes dannos a razón e piden con urxencia o pintado das marcas viais que solicitamos desde este blogue xa que hoxe mesmo como dicía antes o sinal por culpa do camión estacionado non era visíbel, unha situación que xa se deu mais veces.


pero pregúntome ¿haberá que lamentar danos persoais para que se proceda ao seu pintado?, esperemos que non sexa necesario.