martes 7 de octubre de 2008

¿Cando será realidade a nosa 2ª proposta?

Hai mais dun mes desde este blogue lanzábamos unha proposta ao concello de Pontedeume, en concreto ao concelleiro encargado das labouras do tráfico, unha iniciativa que de momento non é unha realidade e sigue a crear os problemas que xa adiantamos entón.
Estes problemas tiveron o sábado o seu último episodio xa que nese punto de Pontedeume produciuse un accidente afortunadamente sin consecuencias persoais, tendo somente que lamentar danos materiais e o conseguinte susto pra os que o sufriron.
Si lembrades esta segunda proposta consistía na reposición do sinal que hai no cruzamento da avenida de Ferrol con a estrada que ven de Centroña, e o pintado da marca vial no pavimento (STOP) pra facer mais visíbel a preferencia dos vehículos que veñen da estrada de Centroña, unha actuación que antóxaseme urxente e que podería evitar moitos accidentes e sustos.
Como proba do que falo amósovos unhas imaxes nas que aprécianse claramente o problema


e únicamente en situacións como esta somentes fan o (STOP) os que coñecen a sinalización do cruzamento xa que o descoñecen e ante esta imaxe é normal que fagan caso omiso o sinal posto que non se ve.


Haberá quen diga que saquei a fotografía moi pegado ao lado dereito, pois ainda que non é certo posto que a fotografía mais ou menos está sacada desde a posición que levan os vehículos cando circulan por ese carril, amósovos outra fotografía desde o outro lado


nesta vese como o sinal está practicamente oculto polo vehículo estacionado o que fai imposible a súa visualización coa anticipación suficiente pra frená-lo vehículo a tempo.
¿Pra cando o pintado da marca vial no pavimento da avenida de Ferrol?.


2 comentarios:

Anónimo dijo...

non é por desanimar, pero non parece que te fagan moito caso,, nin nesta nin noutras propostas. Por outra banda, non ten nada de extraño, a fin de contas os Concellos non teñen porque atender todas as propostas de todos os cidadáns, así que non o tomes a mal.

Eumes dijo...

Neste caso espero que si a teñan en conta, posto que pode chegar a evitar accidentes e o pior danos persoais. De tódolos xeitos non o podo tomar mal senón que todo o contrario, xa que ainda tomo mais forzas pra tentar ser mais pesado.
Unha aperta.