Sin recibir ainda resposta algunha do Concello de Pontedeume e de ningún partido político a 1ª proposta lanzada desde este blog, lanzamos a 2ª proposta pois considéroa mais importante e necesaria pra non ter que lamentar desgrazas.
Todos sabemos que en Pontedeume hai un grave problema de falta de aparcamentos e de fluidez da circulación dos vehículos, este último agravado por mor da pasibidade que amosan os que controlan a mesma ao permitir estacionamentos, etc..., en lugares que o único que fan e afectar a fluidez da mesma ao provocar retencións. Como exemplo do que digo poño esta instantánea.

Na fotografía anterior vemos como hai un vehículo aparcado fronte os colectores do lixo, a menos de x metros dun cruce e impedindo a correcta visualización dun sinal de tráfico. (Dicir tamén que os colectores están diante do sinal).
O sinal en cuestión é un vello Stop que non levou moi ben o paso do tempo nin a pegada de pegatinas de todo tipo,

pero que unido a pouca visibilidade do mesmo tal e como se pode ver nesta imaxe ainda que nesta ocasión sexan turismos e non vehículos mais grandes,

a visibilidade é pouca ou nula dependendo do caso, o que provoca sustos e algún que outro accidente as persoas que non saben da existencia do mesmo pois seguen a súa traxectoria tan tranquilos pensando que o que ten que facer Stop son os vehículos que veñen pola rúa Doctor Villanueva (estrada de Centroña).

Por ese motivo desde este blogue pedímoslle ao Concello de Pontedeume que amañen o tema, pero como sabemos que o tema do tráfico vai pra lonxe, simplemente que se proceda ao pintado dunha marca vial (STOP) na calzada para evitar mais accidentes e sustos, mostro unha imaxe virtual como quedaría,
así como xubilación do sinal por outra mais nova pois a que está xa merece con creces a súa sustitución.

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada