lunes 25 de agosto de 2008

Preludio do que nos atoparemos por mor da ineficacia e desidia dos nosos políticos

Unhas estampas que ainda que se repita tódalas semanas non deberíamos acostumarmos a elas e deixar se convirtan en habituais.


Desde o nacemento deste blogue denunciose o lixo que xera o botellón, volvo a repetir que non nos importa se beben, o que beben ou quen o bebe, o único que nos molesta son os gastos e as molestias que xeran os desperdicios, botellas rotas e os actos vandálicos que se producen baixo o amparo dos efluvios do alcol.
Ante todo esto ¿qué fan os nosos políticos para acadar unha solución a esta problemática? NADA.
Cando falo de políticos refírome a os do goberno e a os da oposición, pois todos teñen a culpa ainda que polo de agora e a tenor dos feitos e solucións que propuxeron e fixeron parece que a cousa non vai con eles e mantéñense alleos a problemática que vívese en Pontedeume polo fenómeno do botellón.
Pero unha das cousas que mais me preocupa ante a desidia dos nosos políticos en acadar unha solución a problemática que satisfaga a tódalas partes, o fenómeno espállase por outros moitos lugares do pobo, uns lugares moi concurridos e que deixan unha mala imaxe de Pontedeume, como pode ser no Xulgado de Paz,


fronte o peirao,


ou mesmo fronte a porta de onde os deportistas do Clube de Piragüismo Firrete gardan as súas embarcacións, polo que teñen que sorteálo lixo e cristais para ir practicar o seu deporte.


Ante todo esto e vendo a despreocupación que o tema lles merece aos nosos políticos e cando estamos a menos de duas semanas para as Festas das Peras ¿tomarase algunha medida para evitálo sucedido o ano pasado?.


3 comentarios:

Anónimo dijo...

Isto é un pouco raro. Pídenselle solucións á oposición. Culpase da mesma inoperancia a quen ten a posibilidade e a obriga de amañalo e a quen ten a posibilidade e obriga de denuncialo. Penso que confundes as responsabilidades e roles de cada un. Isto é o mundo ao revés ou o este blogue (unha vez máis) está ao revés

Eumes dijo...

Pode que este blogue esté ao revés (unha vez mais según ti),recoméndoche que probes a darlle a volta ao monitor, pero como vexo que non entendiches a mensaxe aquí estou para tentar explicarcha.
Cando pido solucións pídollas ao goberno, un goberno elexido polos cidadáns, pero si o goberno non fai nada a oposición ten a obriga de recordárllelo ¿ou non?, e até o de agora ¿qué fixo a oposición? dígocho eu, NADA igual que o goberno, unha oposición que foi elexida de igual forma que o goberno mediante os votos dos veciños que lle otorgaron a súa confianza, ¿ou é que non se pode facer nada si non se está no goberno? eu creo que si e ainda penso que ti como persoa intelixente, compartes a miña opinión ¿non si?.
Unha aperta.

un vinculeiro en extremadura dijo...

Estoy con eumes, puesto que Pontedeume no merece que se pierdan otros 4 años después de todos los que se perdieron con el anterior gobierno, por lo que si el gobierno actual no toma o no sabe como tomar las riendas y afrontar el problema del botellón, la oposición debe y tiene la obligación de plantarse ante el gobierno.
¡Pontedeume no merece otros 4 años perdidos!
Un saludo desde Villanueva de la Serena.