viernes 25 de julio de 2008

Catro días fóra de Pontedeume

Nunca pensei que catro días fóra de Pontedeume dese para tantas novas e o mellor é que todas son boas.
Comezamos o luns coa noticia de que unha nova eumesa dá os primeiros avisos para vir a este mundo, pero mentres esperamos ese momento unha gran amiga avísanos de que aprobou as oposicións, unha recompensa e premio a toda un gran laboura e esforzo á vez que moi merecida, polo que desde aquí o noso recoñecemento público á vez que un segundo bico despois do que lle demos esta mañá cando a vimos.
Pero mentres gozabamos coa boa nova anterior e co alento e ánimo de tódolos amigos e familiares, de madrugada puidemos darlle a benvida a este mundo a unha nova eumesa que vén colmar de alegría e felicidade este fogar e o de tódolos que nos coñecen, feito que nos demostraron e demostran por teléfono os máis afastados e en persoa os máis próximos.
Hoxe demos o primeiro paseo polas rúas de Pontedeume, paseo que este nova eumesa aproveitou para coñecer o lugar onde crecerá, e a tenor da alegría que mostraba ensinounos que está moi leda de ser eumesa.
Debido a todo o anteriormente exposto, enténdese o que non teña publicado ningún post, actividade que retomarase de inmediato coa frecuencia que as circunstancias permitan, aínda que xa vos adianto que está previsto que desde este blog para a vindeira semana láncese unha proposta ao concello, proposta que espero sexa do agrado e apoiada por tódolos partidos políticos eumeses para que a mesma saia adiante e se faga realidade.


7 comentarios:

Vilancho dijo...

Noraboa polo nacemento desa nova eumesa e que encha de ledicia o voso fogar.

Na veira do mar dijo...

Sempre me acordarei do día en que aprobei a oposición xa que as poucas horas nacía unha eumesiña.
Un bico grande para ela da súa "tía"

Gabitorren dijo...

Muxas Felicidades Eumés para ti y toda tu Familia.

Que la nueva eumesa, comience una nueva etapa de felicidad en vuestras vidas y que sea un faro de ilusión y esperanza de las próximas generaciones eumesas.

Un fuerte abrazo.

P.D: Me quedou repipi de carallo, pero a intención é o que conta, non?

XD

Eumés dijo...

Graciñas a todos polos vosos comentarios e loubanzas. Gabi en especial decirche que para nada che quedou repipi pois simplemente saiuche e dixechelo tal e como o sintes. E para na veira do mar decirche que sabes de sobra que o que dixen é porque o sinto xa que o mereces de sobra. Unha aperta a todos.

Alcabala dijo...

Noraboa dende Povoa de Varzin espero ver a esa nova Eumesa pronto.
Bicos

Anónimo dijo...

Poderías pasear un pouquiño menos fachendoso cando empuxas o carro da nena?

Noraboa!!!

Manu

Eumés dijo...

Graciñas polos vosos comentarios, comentarios que chegan mais aló das nosas fronteiras.
Espero entendades que o manexo destes aparellos require unha pericia que adquírese co tempo ainda que tivese un longo paso pola academia e leve o "L" pendurado nas costas para advertir do perigo.
Tamén espero que si observades algunha infracción non a teñades en conta e saibades perdoar.
Unha aperta e graciñas a ámbolos dous.