domingo 20 de julio de 2008

¿Cantos cartos custa a limpeza do botellón de Pontedeume?

Aínda está fresca a nova de que ao concello da Coruña o botellón da praza do humor custalle 390.000 euros ao ano, pero ¿canto lle custa ao ano a limpeza do botellón dos almacéns de rajoy a Pontedeume?.
Esta é unha cuestión que descoñezo, pero da que xa nos fixemos eco desde aquí fai tempo, pois resulta obvio que para unha localidade dos recursos de Pontedeume un gasto extra supón un gran lastre. A este gasto debemos sumar tódolos prexuízos que se ocasionan no mobiliario urbano e destrozos nos almacéns, de bancos, de colectores ou o último que puidemos ver este fin de semana.



A todos estes destrozos e do lixo que xera o botellón debemos sumar tódalas botellas rotas


que quedan polo chan vítimas da euforia que produce o alcol ou as que acaban no tellado dos almacéns.
Unha vez que se expón este problema, o gasto que se xera, o tempo que perden os operarios na limpeza do almacén os luns xa que é un tempo que poderían empregar noutros lugares de Pontedeume, ¿cando se tomarán medidas serias desde o concello para minimizar estes gastos?.
Mentres chegan estas medidas déixovos unhas fotografías para que xulguedes vós mesmos.


5 comentarios:

Anónimo dijo...

si te dedicases a algo útil en vez de andar persiguiendo a los pobres jovenes...

Eumés dijo...

¿Qué entendes por "pobres jóvenes"?
Eu penso que non persigo a ninguén como ti dis, senón que a xente que non se comporta como tal, porque ¿qué pensarías si eu fose a túa casa e deixase todo tal e como o deixa moita xente que fai botellón? Unha mágoa que non entendas que non estou na contra do botellón, senón na contra dos gastos e molestias que xera o botellón, gastos que si se fixese un botellón limpo non habería.
Unha aperta e graciñas polo teu comentario, aunque creo que non foi moi acertado posto que moita xente pode pensar como eres en base ao comentario que fixeches.

Anónimo dijo...

Era o que faltaba, o mundo ao revés, pois ahora resulta que somos nos os que incomodamos aos "pobres xóves" e non eles que non respetan aos demais.
Cando aprenderá a xeración do botellón que para terén dereitos é preciso non esquecer que tamén se teñen obrigacións.
Unha aperta eumés.

María dijo...

Eu non sei quen son os pobres jovenes... Mira rapaz (o do primeiro post), eu teño 28 anos, tampouco son tan vella e facía botellón na Casqueira, nos antigos almacéns, no desaparecido baradeiro... Facía botellón en FP e tamén na alameda, no pinar de Cabanas...Podíamaos estar ata o cú de borrachos pero sempre sempre sempre recollíamos tooooodo. Entre tooooodos!! a lo menos íamos onde non molestábamos e deixábamos todo limpo. Credes que inventáchedes a pólvora e o único que fixéchedes foi estropeala. Estou ata o cu de ter que coller ó can no colo para que non se corte cos vidros rotos ...Por non falar dos nenos

Anónimo dijo...

(son o do primeiro comentario)
non é por mal maria pero cando ti ainda andabas en pañais eu xa tiña fillos da tua idade e sei ben como era o mundo antes e agora.
Falando de cans, ese é un problema que ninguén critica polo que vexo, porque a xente saca os cans a pasear e non recolle os seus excrementos, para min ese é un problema maior que o que podan manchar os rapaces no botellón, ya que ó fin e o cabo están en lugares máis ou menos apartados.
Podería poñerme a criticar un monton de cousas que fai moita xente maior (curiosamente case sempre son os que se queixan dos rapaces) e botaría todo o dia aqui escribindo, cousa que non vou facer xa que teño mellores cousas que facer.
Un saudo a todos