lunes 26 de mayo de 2008

O nome de Pontedeume xa está no segundo lugar

Cando o día de maio inscribín esta bitácora no concurso de "Mellor Web-blog 2008" nin se me pasaba pola cabeza o apoio que ía ter a iniciativa entre tódolos asíduos o blog.
Como dixen antes esta iniciativa comezou a súa andaina o 9 de maio, e con posterioridade o día 18 de maio con outro post titulado "Grazas por votarmos" dábamolas grazas por tódolos votos acadados, votos que a día de hoxe están a piques de superálos 300 votos, polo que consolidámonos na segunda posición mensual do concurso.
Sei que será unha tarefa difícil chegar a desbancar o blog que se atopa no primeiro lugar, pero voto a voto faise o camiño, un camiño que fai que Pontedeume sexa cada vez mais coñecido.
Na procura de que Pontedeume sexa mais coñecido, estamos poñendo unhas fotografías na web de Lirondo que reflexan e invitan a visitarmos; fotografías da Romaría de Breamo, ou as últimas colgadas como son fotografías da Ponte de Pedra.
Polo que si te sintes identificado con este proxecto, non dubides en darlle o teu voto a S.O.S. Pontedeume ¡Denuncia!, previo rexistro que non che levará mais de dous minutos. Lembra tamén que poderás votar unha vez cada día, para iso o podes facer neste banner

Lirondo.com

ou no que se atopa no lateral do blogue.

¡Grazas polo teu voto, grazas polo teu apoio!.


5 comentarios:

Lirondo dijo...

Estás siendo investigado en el concurso: un blog con 30 visitantes diarios con más de 50 votos en el ultimo día es bastante sospechoso. La mayoría de los votos se realizan desde la misma IP.

Pardo dijo...

Voy a por ti estafador de votos.

Pardo dijo...

Estafador de votos te voy a desenmascarar.
Los 4 primeros clasificados sois unos perfectos timadores. Os deberían de eliminar.

Eumés dijo...

Grazas pola vosa visita e polos vosos comentarios.
Antes de nada comentar que so desde o descoñecemento se poden facer este tipo de comentarios xa que si a xente vota os seus motivos terán.
En referencia a lirondo decir que ainda que somentes refexen 30 visitas o marcador, hai outra páxina, "eumesfera", na que se pode ler tódolos artigos do blog e grazas o banner que puxen pódese votar desde alí sin visitar S.O.S. Pontedeume ¡denuncia!, polo que ese comentario non é moi axeitado. En referencia a que os votos son da mesma ip é imposible polo menos eso creo, xa que non permite mais dun voto por día desde a mesma ip.
En canto a pardo non contestarei xa que él mesmo se define, sin comentarios.
De tódolos xeitos GRAZAS a tódolos que votades.

unodbetanzos dijo...

Se nota la envidia y la falta de educación "pardo", pero acabas de conseguir una cosa, que a partir de ahora le vote todos los días, es más, desde mi blog y a todos mis amigos trataré de convencerlos para que voten a este blog.
Gracias por abrirme los ojos "pardo".