miércoles 28 de mayo de 2008

Cos vosos votos a piques do primeiro posto mensual

Hai uns días pensaba que chegar o primeiro posto mensual era unha utopía, pero as probas remítome e rectifico, pois cos vosos votos estamos a piques de acadar o primeiro posto provisional cando faltan 3 días para que remate o mes de maio.
Como dixen anteriormente o motivo de apuntalo blog no concurso non foi outro que tentar que o nome de Pontedeume sexa mais coñecido, polo que aparte estamos poñendo unhas fotografías na web de Lirondo que reflexan e invitan a visitarmos; fotografías da Romaría de Breamo, ou as últimas colgadas como son fotografías da Ponte de Pedra e outras mais que xa estou preparando, así como información destacable de Pontedeume e concello co obxectivo de facer mais accesíbel a información a tódolos que nos poidan visitar, por eso pídovos a vosa colaboración tanto nos votos como en mandarme información importante do que creades oportuno que mereza resaltar en Lirondo. Podes mandarmo por correo electrónico premendo aquí, ou deixando un comentario sobor do tema que creades importante e eu tentarei recopilar a información para poñela.

Lirondo.com

¡Grazas polo teu voto, grazas polo teu apoio!.

.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

poderías explicar a conta de qué aparecen eses comentarios en dita web acerca do amaño dos votos? Por qué tanto interese?

Eumés dijo...

Mais que tentar explicalo tentarei dar a miña versión, versión que xa dei nunha entrada anterior.
Eses comentarios non sei a que veñen, pero son comentarios que distan moito dos feitos pola mesma persoa, polo menos baixo mesmo o mesmo apodo, no blogue e na páxina de votación. Nunha explicación anterior xa dixen que animo a calquera a votar desde o mesmo ordenador no mesmo día pois dí que desde ese ordenador xa se votou polo que o de que tódolos votos son desde a mesma ip creo que non pode ser certo. En canto o número de votos habería que preguntarlle a tódolos que votaron e porqué o fixeron, pero creo que igual axudou un pouco que se animase desde unhas entradas, como esta última.
En canto o amaño non sei a que se refire, pero o que si consegue é que a xente, entre os que te inclúo dubiden e o poñan entredito, por eso o desta explicación.
¿Porqué tanto interese? e au ainda diría ¿e porqué non ter tanto? pois como podes ver neste blogue o único interese é o de que se coñeza Pontedeume xa que este blogue non se mantén dos ingresos da publicidade, senón do cariño que se ten a Pontedeume.
Unha aperta e grazas por participar.

Gabitorren dijo...

Felicidades eumés, xa vas de primeiro.

;)


E de amaño nadiña...