Toda a xente que peregrina a Santiago de Compostela ven de moitos lugares tan distantes como dispares, por ese motivo hai moitos camiños para chegar a xunto o Apóstolo.
De entre tódolos camiños o "francés" é o máis coñecido e transitado, pero o único que pasa por Pontedeume é o "camiño inglés", un camiño que utilizaban todos aqueles que chegaban a Galiza por mar.
O camiño "inglés" ten no seu inicio dous tramos, o de Coruña e o de Ferrol, ata que se unen en Mesía para chegar nun só a Santiago.
Pois ben como dixen antes temos a sorte que dito camiño do tramo de Ferrol pase por Pontedeume, un camiño que ao seu paso pola Vila dos Andrade está sinalizado como corresponde tal e como podedes ver nestas fotografías.

Pero o que eu non entendo e ante a gran afluencia de xente que nestas datas percorre o camiño ¿porqué non se coloca ben a sinalización? ou ¿é para recordar a todos os peregrinos que teñen que subir o monte de Breamo?. Ante a dúbida prefiro pensar que é para decir que "De Pontedeume ao Ceo".
Se queredes mais información do Camiño de Santiago en galego
De entre tódolos camiños o "francés" é o máis coñecido e transitado, pero o único que pasa por Pontedeume é o "camiño inglés", un camiño que utilizaban todos aqueles que chegaban a Galiza por mar.
O camiño "inglés" ten no seu inicio dous tramos, o de Coruña e o de Ferrol, ata que se unen en Mesía para chegar nun só a Santiago.
Pois ben como dixen antes temos a sorte que dito camiño do tramo de Ferrol pase por Pontedeume, un camiño que ao seu paso pola Vila dos Andrade está sinalizado como corresponde tal e como podedes ver nestas fotografías.


Pero o que eu non entendo e ante a gran afluencia de xente que nestas datas percorre o camiño ¿porqué non se coloca ben a sinalización? ou ¿é para recordar a todos os peregrinos que teñen que subir o monte de Breamo?. Ante a dúbida prefiro pensar que é para decir que "De Pontedeume ao Ceo".Se queredes mais información do Camiño de Santiago en galego

































0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada