Basta con dar un paseo pola estrada máis bonita que temos no Concello de Pontedeume, a que transcorre desde Pontedeume pola costa ata Miño, para darnos conta de que se trata dunha estrada desde a que se divisa unha das paisaxes máis bonitas que se poden ver desde a costa, pero á vez é unha das máis perigosas dado o sinuoso do seu trazado e polo estado da súa conservación. Cando me refiro ao estado de conservación non me refiro ao pavimento que se fixo non fai moito, refírome a que moitas das sinais que ten e debido á pouca atención que se lle presta,
a maleza dificulta a correcta visión das mesmas facendo tamén que a estrada sexa máis estreita en moitos puntos debido a que invade a mesma,
facendo tamén que as biondas queden perfectamente integradas na contorna.
a maleza dificulta a correcta visión das mesmas facendo tamén que a estrada sexa máis estreita en moitos puntos debido a que invade a mesma,
facendo tamén que as biondas queden perfectamente integradas na contorna.Todo este perigo agrávase á hora da circulación dos peóns, xa que debido á inexistencia de beirarrúas e á invasión da maleza na estrada, os peóns deban circular pola mesma.
Por ese motivo e desde esta bitácora dicímolo claro e en voz alta: ¡¡¡LIMPEZA DA ESTRADA E BEIRARRÚAS PARA CENTROÑA XA!!!.
Por ese motivo e desde esta bitácora dicímolo claro e en voz alta: ¡¡¡LIMPEZA DA ESTRADA E BEIRARRÚAS PARA CENTROÑA XA!!!.































3 comentarios:
beirraruas para CAMPOLONGO tamen
Totalmente dacordo contigo, pero tamén espero estés dacordo comigo en que teñen mais urxencia e perigosidade as de Centroña, xa que para ir a Campolongo non teñes que ir pola calzada pois hai arcéns e onde non, hai beirarrúas.
De tódolos xeitos queda esta reclamación para posteriores post.
Unha aperta.
Si, tes razon que en Centroña e perigroso ser peon ,o que pasa que os coches aparcan no arcen de Campolongo e os peons temos que ir pola carretera e si non ,podes mirar un dia laborable o sitio que nos deixan para andar, e ainda por encima o que mais me choca e que polo medio da estrada sobra o sitio para facer moitas cousas.Eumes ,estas a facer un moi bon traballo con este blog.
Publicar un comentario en la entrada