martes 11 de marzo de 2008

Conversación entre dous amigos un día calquera

Un día calquera o atoparnos dous amigos e tras os saúdos oportunos, falamos de todo un pouco ata o momento en que me di que no meu blog estase notando un marcado favoritismo cara á corporación actual.
Tras esta afirmación dígolle que me explique en que se basea para realizar tales afirmacións, dicíndome que estou pondo ben aos mesmos, polo que chegado a miña quenda de réplica dígolle que si esqueceu de que desde aquí se ten denunciado o botellón, os bolardos, as verteduras do fondo da ría, a sucidade das rúas, as defecaciones dos cans nas beirarrúas e máis cousas que podedes ver no blog, polo que non entendo que se diga que estou a favor duns ou doutros cando publico tanto as novidades e melloras, como todo aquilo que consideramos que está mal para coñecemento de todos.
Tras esta introdución e seguindo nesta liña, pois non entrarei ao trapo de ninguén, publicar outras melloras que podemos ver en Pontedeume, como son a substitución de bancos deteriorados, papeleiras, e unha cousa que me parece moi importante xa non só polo servizo que prestará senón porque se botaba en falta desde hai mais de 16 meses, como son os farois do paseo marítimo de Pontedeume, farois que foron roubados e desde entón no seu lugar colgaban os cables cun máis que evidente perigo de accidente para todos os viandantes.


1 comentarios:

antibotelloneros dijo...

O da conversa entendoo, pero o de que che dixese que te mostras na candidatura do goberno hai un abismo, xa que por moito que busco ainda non atopo a ninguén que fixese tanto na contra do botellón coma ti.
Unha aperta e sigue así.