lunes, 31 de marzo de 2008

¿Cal é o destino dos "chiringuitos" alboios de Cabanas?

Aínda que Cabanas non pertenza a Pontedeume, pero debido á súa proximidade estes días un dos temas de conversación de moita xente de Pontedeume e alrededores é o tema dos "chiringuitos" , alboios en galego, de Cabanas.
Recordemos que estes alboios están no punto de mira de Costas, xa que os quere derrubar ante a oposición dos seus propietarios que argumentan que son o seu medio de vida. Costas pola súa banda ante este litixio non permite que se acondicionen e melloren, ao meu entender é unha das formas de presionar para que abandonen os mesmos, pero se atendemos ás conversacións que se escoitan en bares e rúas de Pontedeume, veñen desembocar todas elas nun mesmo punto no que todo o mundo coincide pero que non hai probas.
Hai un refrán que di que "onde hai fume hai lume", valga a redundancia para o caso que tratamos, pero en varios destes alboios da praia de Cabanas apareceron varios carteis esta fin de semana que non fan máis que manifestar o temor dos seus propietarios en ser o seguinte nesta disputa que manteñen con Costas.
¿Que hai de certo nestas afirmacións? só o tempo dará ou quitará razóns, pero de momento a realidade é que isto é o que lle pasou e esto é o que queda do Lar D'Antón, polo que a pregunta xa vén rodada ¿cal será o seguinte?.


1 comentarios:

Anónimo dijo...

Si costas os teñen sentenciados, que vaian cavando a súa propria tumba. Descansen en paz.