jueves 27 de diciembre de 2007

¿Cando virá a Pontedeume o Ministro de Industria?

No día de onte tivemos a oportunidade de asistir a presentación do útimo libro de Ramiro Fonte,As Pontes do Ceo, o último capítulo da triloxía Vidas de Infancia no que o eumés quere rescatar do esquecemento as paisaxes da súa infancia.
A presentación do libro contou con a presenza do Ministro de Cultura, o director de Xerais e a do Alcalde de Pontedeume.
Non quero dubidar da calidade do autor e da súa obra, pero penso en tódolos gastos xerados na presentación do libro entre os que hai que contar con o desprazamento do Ministro e a súa escolta e outros moitos mais que podo sumar e que todos sabemos, por o que me poño a pensar si os veciños da rúa de Ares ¿deberán esperar a que veña a Pontedeume o Ministro de Industria para que se amañe esto?.Na anterior é como se ve sin flash ou poñendo o modo de visión nocturno da cámara, e nesta con modo de visión nocturno,pero tendo en conta que os veciños de momento non dispoñen de visión nocturna preguntan e tendo en conta que xa levan preto dunha semana padecendo esta escuridade. ¿cando virá o Ministro de Industria para que se amañe o alumeado da rúa de Ares?.