martes 27 de noviembre de 2007

¿ Un paso atrás ou o de tódolos domingos ?.

Moita xente por a rúa xa me preguntou que tal estaba e si me pasaba algo, pois non viran o artigo o que por desgraza os teño acostumados os primeiros días da semana baseados no lixo xerado no botellón, pero por estar ocupado non puiden antes.
O domingo pola mañá fun sacar as fotografías de rigor e que podedes ver aquí
por o que o rematar de sacalas pensei si o do domingo ¿sería un paso atrás ou o de tódolos domingos?.
Eu teño a miña opinión e sinceramente au creo que cousas como estas non se poderían permitir posto que aparte dos danos materiais que se poderían causar os vehículos, ¿qué pasaría si un cativo que xogase por alí o domingo se cortase?.
Non me vale de excusa de que os contedores estaban lonxe, porque outros días estiveron preto e mais do mesmo, con o agravante que desta vez non había botella algunha dentro dos mesmos, ¡que xa sodes maiores!, ¿ou non?.
Por outra banda me comentaron que hoxe pola mañá viron a o "Funcionario amigo" en voo rasante hacia a estación xunto con Crespo e un constructor, e estiveron mirando as beirarrúas da avenida do Ferrol, por o que ¿amañarán as mesmas ata a estación?, ¿porán medios ante a desfeita e a suciedade das que xa están construidas?, mantereivos informados.