lunes 5 de noviembre de 2007

¿Diversión ou vandalismo?.

¿Diversión ou vandalismo?. Eso é o que está a pensar moita xente en Pontedeume cando os rapaces están a escudarse en que os obligan a facer o "Botellón" debido a que non poden soportar os prezos das copas nos locais de ocio.
Por adiantado que non estou na contra de que os rapaces se xunten e se divirtan, o fixemos todos con a diferenza de que nós recollíamos, pero da diversión a deixar o lugar onde se fai tódalas semanas cada vez peor, vai un treito moi grande.
Aparte das fotos con as que nos obsequian tódolos fins de semana os asistentes o "Botellón" que coma sempre non teñen desperdicio, deixaronnos unha mostra de como se están a comportar estes "reivindicativos rapaces" eu lles chamei así, que cada un lle poña o seu calificativo despois de ver as seguintes. Na primeira se ven unhos trozos de madeira presumiblemente dun banco de madeira e nesta segunda os restos do banco que dende aquí xa tentamos avisar o seu dono que o fose a recoller, e que estes amables "rapaces" depositaron o que del quedou no tellado dos Almacéns de Raxoi. Por o que dende aquí pregunto ¿diversión ou vandalismo?. Xa sei que moitos rapaces me poderán decir que eles non teñen culpa do que unhos poucos fagan e que non se pode medir por o mesmo raseiro a todos, pero aposto dende xa que ninguén foi quen de que cando estaban a romper e posteriormente depositar o banco no tellado lles dixo nada, por o que o resto se nos amosan como complices da mesma acción.
Estes feitos pola miña parte xa non merecen mais comentarios, somentes decir que non se poderan queixar de que ainda non se tomasen represalias na súa contra, porque eso non é diversión, é ¡VANDALISMO!.
Deixovos con as imaxes da barbarie non sin antes facerme eco destoutra iniciativa en aras de acadar un "Botellón Limpo", ¿e van?.....



2 comentarios:

Vilancho dijo...

Estamos a ver os inicios dun problema que nun futuro se nos pode ir das mans. Tentemos entre todos poñerlle remedio antes de que sexa tarde.
Noraboa por o artigo eumes.

roi xordo dijo...

penso que a cousa xa se nos foi das mans, e dar marcha atrás a estas alturas vai ser unha laboura nada doada. Ademáis semella que falta conciencia, só hai que fixarse neste home batallando só coma Don Quixote; a ver se entre todos apoiamos máis as iniciativas encamiñadas a solucionar todo isto.
saudos e parabéns polo teu traballo.