Todos sabemos que a corporación anterior estivo durante moitos anos rexindo o destino de tódolos eumeses e da vila ata a chegada no mes de maio do novo goberno.
Deixando aparte si o fan ben ou mal, persoalmente creo que se lles debe dar tempo a desenvolver o seu traballo pois teñen o mesmo dereito que os anteriores, para unha vez pasado o mesmo xulgar si o fixeron ben ou mal.
De momento estan traballando e podemos ver como tratan de amañar erros herdados, como pode ser mudar o nome con o que foi bautizada a "Praza do Conde" coñecida por todos como "Praza da Viagra" debido a vigorosidade que amosan as lousas o estar a cotío levantadas. Amósovos unha fotografía na que se ve como se estan a levantar as lousas e tentar así amañar o problema,
un problema que xa se viña arrastrando segundo as malas línguas por empregar materiais que non viñan no proxecto. Aparte de amañar os mesmos tamén se tomarán outras medidas como son as de limitar a tonelaxe dos camións que acceden o casco a 5'5 toneladas, podendo acceder os que a superen sempre e cando conten con un permiso especial polo que se farían cargo dos posibles desperfectos.
Tamén se solucionarán problemas como os que viñan padecendo os que aparcaban o seu vehículo fronte a biblioteca en días de choiva, xa que había unha lousa que se movía e o encherse de auga
cando pasaba algún vehículo por enriba o movela salpicaba o que estaba alí estacionado, con o conseguinte gasto de ter que limpar o seu coche.
Outra nova da que vos podo informar é que o ruxe ruxe que me dixeron o outro día era certo, pois comezaron as obras das beirarrúas da avenida de Ferrol dende o cruce con a rúa de Ares ata a estación, con o que dentro de pouco xa poderemos disfrutar dunhas beirarrúas nas que o único sobresalto poidan ser as defecacións dos cans, acadando tamén que se millore a imaxe que de Pontedeume leven tódalas persoas que nos visitan en tren.
De momento estan traballando e podemos ver como tratan de amañar erros herdados, como pode ser mudar o nome con o que foi bautizada a "Praza do Conde" coñecida por todos como "Praza da Viagra" debido a vigorosidade que amosan as lousas o estar a cotío levantadas. Amósovos unha fotografía na que se ve como se estan a levantar as lousas e tentar así amañar o problema,
un problema que xa se viña arrastrando segundo as malas línguas por empregar materiais que non viñan no proxecto. Aparte de amañar os mesmos tamén se tomarán outras medidas como son as de limitar a tonelaxe dos camións que acceden o casco a 5'5 toneladas, podendo acceder os que a superen sempre e cando conten con un permiso especial polo que se farían cargo dos posibles desperfectos.Tamén se solucionarán problemas como os que viñan padecendo os que aparcaban o seu vehículo fronte a biblioteca en días de choiva, xa que había unha lousa que se movía e o encherse de auga
cando pasaba algún vehículo por enriba o movela salpicaba o que estaba alí estacionado, con o conseguinte gasto de ter que limpar o seu coche.
Outra nova da que vos podo informar é que o ruxe ruxe que me dixeron o outro día era certo, pois comezaron as obras das beirarrúas da avenida de Ferrol dende o cruce con a rúa de Ares ata a estación, con o que dentro de pouco xa poderemos disfrutar dunhas beirarrúas nas que o único sobresalto poidan ser as defecacións dos cans, acadando tamén que se millore a imaxe que de Pontedeume leven tódalas persoas que nos visitan en tren.
































2 comentarios:
desinto nunha cousa, co tema de "debemos darlles tempo", e que coma sigamos así van esgotar a lexislatura. Nas empresas non dan un tempo de proba tan grande.
Un saudo
Esperemos que desta vaia a definitiva, senón que proben co "lotite", que din que o pega todo (?)
Publicar un comentario en la entrada