martes 16 de octubre de 2007

Legado do anterior goberno + unha construcción de calidade + deixadez do goberno actual = Beirarrúas Avd. Ferrol.

Perante a seguinte fórmula matemática de xuntar o maravilloso legado que nos deixou o goberno anterior + unha construcción de calidade + a deixadez do goberno actual, obtemos un resultado semellante a esto
Ainda parece que foi onte cando falábamos das beirarrúas da avd. de Ferrol preto da estación do tren e amosábamos o cartel da execución da obra e a repercusión que tivo o noso chamamento en prensa, por o que a vista de como se atopa a beirarrúa, a poidestedes ver na montaxe, e tamén das molestias que ocasionan os centos de cagadas dos cans ainda que a culpa sexa dos seus donos, me fago unha pregunta ¿canto tempo tardará en estar así?.