martes 2 de octubre de 2007

Cando un vehículo ocupa moito espazo.

Podía pensar en outro título para este post, pero sería quitarlle a intriga o mesmo.
Intriga, si unha palabra que poderíades pensar que está mal empregada cando estou a falar dun vehículo e sobor de todo cando xa vos adianto que está a ocupar moito espazo, máxime cando en boca de todos está o tema do aparcadoiro en Pontedeume.
Para comezar a centrar o tema, amosareivos unha fotografía na que se ve un vehículo estacionadona que ainda que se vexa a placa de matrícula, o fago a propósito para ver si alguén avisa o seu dono, me poderedes preguntar en que teoría me apoio para pensar que ocupa moito espazo, pois a simple vista está a ocupar o mesmo que outro calquera, pero é que este ten unha particularidade, pois si vos fixades na fotografía do mesmo penduran unhos cables con os que foi arrastrado e no teito do mesmo se pode apreciar a escobilla do parabrisas traseiro.
Despois de todo este plantexamento ainda pode haber algunha persoa que este sin convencerse do que estou a decir, pois para que se disipen tódalas dúbidas, amosareivos outra fotografíana que se pode ver como a defensa dianteira do mesmo está no chan, con o perigo que pode chegar a producir por a curiosidade que está a levantar entre os cativos e máxime no lugar onde se atopa, na avenida de Ferrol, diante do colexio "Couceiro Freixomil" fronte os supermercados, e a vista de todos nós e da policía Local que tódolos días ven a regular o tráfico a saída do colexio.
Por todo o anteriormente exposto, chego a conclusión de que o vehículo está abandonado e creando un risco para a integridade física dos viandantes, deixando aparte o de que está a ocupar unha praza de aparcadoiro que tan escasas temos, sobor de todo tendo en conta que leva no lugar preto de dúas semanas.
Por eso dende aquí me pregunto ¿para cando a súa retirada da vía?.



1 comentarios:

Vilancho dijo...

Teñes razón, pois eu tamén o vín, pero o que mais me amola é que ainda permañeza no lugar, que seguro que o quitarán cando haxa algún percance.
Saudos.