domingo 23 de septiembre de 2007

Si xa temos poucos aparcadoiros, ¿por qué estamos a rexeitar este?.

De todos é coñecido que en Pontedeume non abundan os lugares para aparcar os vehículos, un problema que xa non é de agora, pois se trata de una problema que ven lastrando a Vila dende fai moito tempo.
Mentres se acada unha solución a este problema, todo o mundo sexan de fora ou non ven aparcando con sorte donde atopan un lugar valeiro, sendo a zoa do porto a que mais aparcamento ofrece como se pode ver na imaxe.Entonces é cando me xurde a pregunta que vos farei con a esperanza de ver si algunha persoa me pode respostar, si temos tan pouco espazo para aparcadoiros ¿por qué estamos a rexeitar o espazo que hai detrás dos Almacéns de Raxoi?. Pois ben eu teño a miña teoría pero podo estar errado, aunque pense que non, pois ¿vos seríades capaces de aparcar os vosos vehículos nese lugar sabendo o risco de pinchazo ou reventón das rodas o ver a seguinte fotografía?.Eu non sería quen de facelo e vos imaxino que tampouco, entonces ¿sería por ese motivo por o que no lugar non puido aparcar ninguén durante todo o domingo?.